Columbus

Columbus

Capital do estado de Ohio, EE UU, drenado polo río Scioto (657.053 h [1996]). É a segunda cidade do estado en número de habitantes, despois de Cleveland. O seu aumento demográfico no s XX foi moi importante. As principais actividades económicas son a industria siderúrxica e a fabricación de maquinaria diversa. Os seus centros de ensino superior son a Capital University, fundada en 1850, e a Ohio State University, creada en 1870. Lucas Sullivant fundou a cidade en 1797 e converteuse en capital de Ohio desde 1824. O seu desenvolvemento produciuse sobre todo pola construción dos canais de Ohio e Eire en 1830, e pola expansión do ferrocarril a mediados do s XIX.