Commedia, un xoguete para Goldoni

Commedia, un xoguete para Goldoni
[ESPECT]

Espectáculo producido e realizado polas compañías Ollomol e Tranvía Teatro, que dende entón conflúen en Ollomoltranvía. Dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Víctor L. Mosqueira, Nuria Sanz, Evaristo Calvo, Marcos Orsi, Avelino González e Santiago Prego, estreouse en setembro de 1993, no douscentos cabodano de Carlo Goldoni. O espectáculo gozou dun notable éxito de público e crítica e participou en múltiples mostras e festivais, incluído o prestixioso Festival de Teatro Clásico de Almagro, amais de obter os Premios Compostela ao Mellor Actor, ao Mellor Espectáculo e á Mellor Dirección. Foi un espectáculo no que destacou o traballo de actores e actrices que, sempre á vista do público, recreaban con naturalidade as diferentes situacións e conflitos, dándolles vida aos máis diversos personaxes, interpretando cantigas e realizando os máis variados efectos sonoros. A concepción e a realización do espazo escénico foi outro dos aspectos destacados desta produción.

Palabras veciñas

comitiva | cómitre | Commedia dell’Arte | Commedia, un xoguete para Goldoni | Commewijne | commiato* | Commicus