Cornelio, san
Papa (251-253) e mártir. Foi elixido polos partidarios de conceder a indulxencia aos apóstatas, un movemento iniciado por Calisto I. Convocou un concilio no que defendeu a reconciliación cos lapsi. Tivo por adversario a Novaciano, que instigou un motín contra el e que se fixo nomear papa por tres bispos, polo que se considera o primeiro antipapa. Loitou contra o cisma dos novacianos, quen cuestionaban o poder da Igrexa Católica para perdoar pecados como a fornicación e o adulterio, coa axuda de san Cibrán dende África e de todos os demais bispos de Occidente. Exiliouse a Civitavecchia e morreu martirizado na persecución do Emperador Decio no 253. Na iconografía viste traxe pontifical e leva como atributos persoais un corno ou un animal hastado (en alusión ao seu nome ‘forte coma un corno’). A súa festividade celébrase o 16 de setembro.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma