curiosidade

curiosidade

(< lat curiosĭtāte)

  1. s f

    Calidade de curioso.

    Ex: A súa curiosidade lévao a ler moitos libros. A nosa veciña ten sempre curiosidade por saber da nosa vida. Morro de curiosidade por saber qué falaron.

  2. s f

    Cousa rara e estraña que esperta o interese.

    Ex: Ensináronnos as principais curiosidades do museo. Realizaron unha reportaxe de curiosidades científicas.

  3. s f

    Atención que se pon na realización dun traballo.

    Ex: Todo o que fai lle sae ben porque o realiza con curiosidade.

Refráns

  • A curiosidade é boa para a roupa.
  • A quen moito quere saber, dálle pouco a entender.
  • Canto máis cobizado é o que se quer, máis se cobiza ver.
  • Escarabellou O galo e atopou o coitelo que ha de matalo.
  • Escarabellou o galo e descubriu o coitelo para matalo.
  • Nin ollo na carta nin man na arca.
  • Nin os ollos ás cartas nin as mans ás barbas.
  • O moito escarabellar trae ás veces o seu pesar.
  • O que escoita e axexa, oe e ve cousas que despois lle pesa.
  • O que vai á praza para esculcar o que pasa, inda mellor lle fora quedarse na casa.
  • Quen escoita, mal de si ouza.
  • Quen escoita, o seu mal oe.
  • Quen pregunta o que non debe, oe o que non quere.
  • Quen pregunta o que non debía, oe o que non quería.
  • Quen pregunta, saber quere.
  • Quero saber de que pan me hei manter.

Palabras veciñas

curio | Curio Dentado, Manio | curión | curiosidade | curioso -sa | Curitiba | curl*