Curl, Robert F.
Curl, Robert F.
Químico norteamericano. Estudiou no Rice University e na University of California en Berkeley, onde se doutorou en 1957. Traballou no Mallinkrodt Laboratory de Harvard e, posteriormente, volveu á Rice University para investigar no desenvolvemento de métodos sensibles de espectroscopía láser, co obxectivo de detectar radicais libres e estudar a súa estrutura e cinética. En 1996 compartiu o Premio Nobel de Química con H. W. Kroto e R. E. Smalley polos seus descubrimentos sobre os fullerenos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Alice, Texas