Curro, casa do
Curro, casa do
Construción patrucial situada en Pazos (Lobios). Ten planta en forma de U, cuberta a catro augas e un patio con solaina de madeira. Na fachada leste destaca un balcón sostido por canzorros. Nunha das esquinas erixiuse unha torre de sección cadrada rematada en pináculos.