Curro, Teatro do
Curro, Teatro do
[ESPECT]
Compañía afeccionada de teatro creada pola Asociación de Mulleres Rurais de Noira e dirixida por Víctor Vez Villar. Conta cunha sección infantil e con outra de adultos, nas que se producen espectáculos cunha decidida dimensión popular a partir de textos de Eduardo Blanco Amor, Nicolás Bella, José Luís Alonso de Santos ou os irmáns Serafín e Joaquín Álvarez Quintero.