cursus*

cursus*
s m [LIT]

Modalidade especial da organización rítmica da frase ou período que busca un reforzamento do equilibrio dos distintos membros mediante a distribución dos acentos nas palabras finais de cada un. Empregouse na prosa latina como substituto da disposición rítmica das cláusulas segundo a cantidade. Trátase dun recurso para incrementar a expresividade nos remates das frases e períodos. No s XI, constituíu o estilo normativo para os escribáns da curia romana, baixo o pontificado de Gregorio VIII. Na adaptación do ritmo cuantitativo ao acentual seguíronse tres modelos de distribución acentual básicos: o chamado cursus planus, que combinaba polisílabo e trisílabo; o cursus tardus, composto a partir de polisílabo grave e tetrasílabo esdrúxulo; e o cursus velox, suma de polisílabo esdrúxulo e trisílabo grave, aos que se lle engadiu posteriormente o cursus trispondaicus, a partir de polisílabo e tetrasílabo grave. O esquema resultante de catro cursus constitúe a base formal da retórica medieval e renacentista.