curto -ta
(
-
Apelido procedente dun antigo alcume aplicado a individuos de baixa estatura. Documéntase no s XV: “Lopo Curto” (doc ano 1483 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 206).
-
adx
-
Que ten pouca lonxitude ou medida.
Ex: Esta liña é máis curta ca a outra. Fixeron a viaxe pola ruta máis curta.
-
Dunha lonxitude menor ca a normal ou insuficiente.
Ex: As sabas que comprou quedábanlle curtas na cama e tivo que cambialas. O vestido do ano pasado élle curto e xa non lle serve.
Antónimos: grande. -
Que non cobre toda a parte do corpo que está destinado a tapar.
Ex: Puxo unha camisa de manga curta e un pantalón curto.
-
-
adx
De pouco alcance.
Ex: Non lle funcionan as luces curtas do coche. As pistolas e revólveres son armas curtas.
-
adx
Que dura menos tempo do normal ou do que se esperaba.
Ex: No seu ingreso, pronunciou un discurso curto. A película que vimos foi moi curta.
Sinónimos: breve. -
adx
Que se caracteriza por ter pouco do que se expresa.
Ex: É un rapaz de curta intelixencia, por iso non deu aprendido o oficio. Éche curto de vista e ten que usar lentes.
-
adx
Que é tímido e de poucas palabras.
Ex: Non conseguiron que pronunciase unhas palabras diante dos asistentes porque é moi curto.
-
adx
m
[ALIM]
Aplícase ao viño que ao ser degustado dá a sensación de incompleto.
Frases feitas
-
Atar curto. Reprimir a alguén deixándolle pouca liberdade ou poucos recursos.
-
Quedar curto. Resultar algo errado por defecto. Ex: Quedou curto ao medir as consecuencias que podía ter o que fixo. Agora que sei quén é, todo o que me dixeron queda curto.
-
Ser curto de mans. Ser pouco áxil. Ex: Éche curto de mans e non che vale para ese traballo.