curto -ta

curto -ta

(< lat curtu)

  1. adx
    1. Que ten pouca lonxitude ou medida.

      Ex: Esta liña é máis curta ca a outra. Fixeron a viaxe pola ruta máis curta. 

    2. Dunha lonxitude menor ca a normal ou insuficiente.

      Ex: As sabas que comprou quedábanlle curtas na cama e tivo que cambialas. O vestido do ano pasado élle curto e xa non lle serve. 

      Antónimos: grande.
    3. Que non cobre toda a parte do corpo que está destinado a tapar.

      Ex: Puxo unha camisa de manga curta e un pantalón curto. 

  2. adx

    De pouco alcance.

    Ex: Non lle funcionan as luces curtas do coche. As pistolas e revólveres son armas curtas. 

  3. adx

    Que dura menos tempo do normal ou do que se esperaba.

    Ex: No seu ingreso, pronunciou un discurso curto. A película que vimos foi moi curta. 

    Sinónimos: breve.
  4. adx

    Que se caracteriza por ter pouco do que se expresa.

    Ex: É un rapaz de curta intelixencia, por iso non deu aprendido o oficio. Éche curto de vista e ten que usar lentes. 

  5. adx

    Que é tímido e de poucas palabras.

    Ex: Non conseguiron que pronunciase unhas palabras diante dos asistentes porque é moi curto. 

  6. adx m [ALIM]

    Aplícase ao viño que ao ser degustado dá a sensación de incompleto.

Frases feitas

  • Atar curto. Reprimir a alguén deixándolle pouca liberdade ou poucos recursos.

  • Quedar curto. Resultar algo errado por defecto. Ex: Quedou curto ao medir as consecuencias que podía ter o que fixo. Agora que sei quén é, todo o que me dixeron queda curto.

  • Ser curto de mans. Ser pouco áxil. Ex: Éche curto de mans e non che vale para ese traballo.

Palabras veciñas

Curtiz, Michael | Curto | curto -ta | curto -ta | curtocircuitar | curtocircuíto | curtose