curva
(< lat curva, f de curvu‘curvo’)
-
s
f
Antónimos:
recta.
-
Liña curva.
Ex: Cando tiña que debuxar, en vez de facer trazos rectos facía curvas.
-
Anaco curvo que presenta algo que ten unha estrutura lineal.
Ex: Hai que reducir de velocidade antes de entrar na curva para que agarre mellor o coche.
Antónimos: recta. -
Forma máis ou menos redondeada que presenta o corpo dunha muller. OBS: Normalmente emprégase en plural.
Ex: As mozas que saían na revista tiñan moitas curvas.
-
-
-
s
f
Representación gráfica mediante unha liña da variación dunha magnitude respecto a outra ou da evolución dun determinado fenómeno.
-
s
f
[MAT]
Conxunto de puntos cunhas coordenadas, respecto a un sistema de referencia dado, que se poden expresar como funcións continuas dun só parámetro. Unha curva sempre se pode considerar como unha infinidade simple de puntos: esta é a formulación adoptada polos matemáticos no estudo das curvas continuas. A representación cartesiana dunha función definida f, nun subconxunto do conxunto dos números reais, vén dada polos puntos (x,y) tales que y=f(x). Esta representación é unha curva que se pode expresar en forma explícita por medio da ecuación y=f(x) ou en forma implícita a través dunha relación F(x,y)=0 entre as súas coordenadas. Segundo a natureza da súa ecuación, dada en coordenadas cartesianas, unha curva recibe o nome de alxébrica, se só ten un número finito de puntos excepcionais, ou transcendente, se ten un número infinito. Para curvas planas defínense os conceptos de recta normal e raio de curvatura. O grao dunha curva alxébrica plana é o da súa ecuación. A clase da curva é o número de tanxentes que ten nun punto xenérico. Para curvas no espazo defínese un plano osculador e as liñas normal e binormal. O grao dunha curva alxébrica non situada nun plano é o número de puntos que ten situados sobre un plano xenérico, e a súa clase é o número de planos osculadores que ten nun punto xenérico.
-
curva clinográfica
[XEOG]
Representación esquemática que, mediante unha liña que une determinados puntos no plano, representa o valor medio das pendentes nos diferentes puntos dunha rexión xeográfica, en función das alturas correspondentes.
-
curva cúbica
[INFORM]
Curva que conecta un conxunto de puntos de forma suave, resolvendo un sistema de ecuacións cúbicas. A diferenza da curva de Bézier, unha cúbica está definida só polos puntos polos que debe pasar; non ten puntos de control que non estean na curva. As curvas cúbicas son as formas naturais dos obxectos curvados que se aseguran en puntos particulares e son libres de curvarse entre eles. A curva pasa por cada punto en forma uniforme, sen dobrarse bruscamente. Cada segmento da curva (desde un punto ata o seguinte) está modelado por un polinomio de terceiro grao (cúbico) da forma y=ax elevado a 3+bx elevado a 2+cx+d, no que a, b, c e d dependen dos puntos finais do segmento e da pendente que debe ter o segmento en cada extremo. O máis normal é que non se coñezan as pendentes, pero a pendente final de cada segmento asígnase igual á pendente do principio do segmento seguinte. As pendentes e os coeficientes atópanse despois resolvendo un sistema de ecuacións lineais simultáneas (lineais, porque x, x elevado a 2, e x elevado a 3 son coñecidas e poden ser tratadas como constantes).
-
curva de aprendizaxe
[PEDAG]
Representación gráfica, nun eixe de coordenadas cartesianas, dun parámetro de resposta en función do número de ensaios ou tempo de adestramento, que indica a evolución do progreso baixo a influencia do exercicio.
-
curva de Barcroft
[BIOQ]
Representación gráfica da concentración de osíxeno da hemoglobina respecto á presión parcial de osíxeno en sangue.
-
curva de crecemento
[BIOL]
Representación gráfica da variación do número de células ou de individuos dunha poboación ao longo do tempo.
-
curva de Meyer
[QUÍM]
Representación gráfica do volume atómico e doutras propiedades dos elementos químicos respecto ao volume atómico. Nesta curva pódese observar a periodicidade destas propiedades, que levou ao establecemento do sistema periódico.
-
curva de nivel
[XEOG]
Liña que une determinados puntos no plano e que se emprega nas representacións cartográficas para unir os puntos de igual altitude, tendo como referencia un plano horizontal. A equidistancia ou a separación entre cada dúas curvas de nivel está en función da escala do mapa.
-
curva de supervivencia
[ECOL]
Representación gráfica do logaritmo do número de superviventes dunha poboación ao longo do tempo.
-
curva de temperatura/térmica
[MED]
Representación gráfica da variación da temperatura corporal ao longo do tempo no transcurso dunha enfermidade.
-
curva glicémica
[MED]
Representación gráfica da taxa de glicosa en sangue ao longo do tempo.
-
s
f