Curuxo

Curuxo
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que compartían coas curuxas algunha característica: a forma arqueada das cellas, os costumes nocturnos, etc. Aínda funciona como alcume. Documéntase no s XV: “Lopo Curujo” (doc ano 1417 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 113). Adoita aparecer castelanizado coa forma Curujo.

Palabras veciñas

curuxeiro -ra | curuxel | curuxo | Curuxo | curuxol | curuxola | curva