Cusanca, Afonso de
Freire dominicano. Formouse no convento de San Domingos de Ribadavia, onde ensinou teoloxía antes de ser nomeado prior do convento de San Pedro Mártir de Toledo. Foi un dos máis destacados benfeitores do convento de Ribadavia, do que foi prior ata o 1412, ano no que foi nomeado provincial da súa orde en España. Ocupou a mitra de Salamanca (1413-1420) e logo a de Ourense (1420-1424), cidade na que nunca residiu e que sería gobernada polo seu provisor, frei Lope de Galdo. En 1424 promovérono a bispo de León e levou a cabo un importante labor de goberno ao promulgar as Constitucións Sindicais (1426) nas que se castigaban os abusos de cabaleiros e sacerdotes sobre as vilas dependentes do bispado. En 1434 foi promovido ao bispado de Osma, pero rexeitou o posto e continuou na sé leonesa.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Iria, Padrón -
Deceso
Lugar : León