Cuscuta
Cuscuta
[PLANTA]
Xénero de herbáceas parasitas da familia das cuscutáceas que comprende unhas 150 especies. Non presentan raíces nin follas e os talos son moi finos e longos, as máis das veces, de cores vivas. Fíxanse ás plantas que serven de hospedería mediante haustorios que penetran nos tecidos da planta hóspede. A parte externa presenta un engrosamento de onde nace o filamento zugador. Ten unha distribución case que cosmopolita; en Europa está representado por unhas 25 especies, das que C. approximata, C. epithymum e C. europaea están presentes en Galicia. Tamén se denomina barbas de raposo ou gorgas.