Cushing, síndrome de
Cushing, síndrome de
[PAT]
Hiperfunción corticosuprarrenal cun exceso da segregación de glicocorticoides, descrita por H. W. Cushing. Pode ser primaria, cando a alteración só é cortical, ou ben secundaria debido a un aumento da produción da ACTH hipofisaria, caso no que se denomina enfermidade de Cushing. Máis frecuente en mulleres, caracterízase pola obesidade da cara e do tronco, estrías abdominais da cor do viño, atrofia muscular, osteoporose, hipertensión arterial, hiperglicemia, amenorrea e impotencia.