cuspe

cuspe

(< cuspir)

s m [FISIOL]

Líquido alcalino, claro e un pouco viscoso, segregado polas glándulas salivares, que contén enzimas que inician a dixestión dos alimentos. A súa principal función é mecánica: contribúe á mastigación e á deglución e axuda á locución.

Sinónimos

Frases feitas

  • Tragar cuspe 1 Ser incapaz de responder a unha provocación. Ex: Malia todos os insultos, o adestrador tragou cuspe e ficou na bancada.

  • 2 Soportar sen protestar unha afronta.

  • Enviar cuspe. Escapar ou librarse dun perigo. Ex: Puxéronlle moitos obstáculos, pero enviou cuspe e saíu vitorioso.

Palabras veciñas

Cushing, síndrome de | Cusiñadoiro | cuspe | cuspe | cuspia | cúspide | cuspideira