cúspide

cúspide

(

  1. s f

    Parte máis alta dunha montaña.

    Ex: Chegaron á cúspide da montaña despois de catro horas de percorrido.

    Sinónimos: cabeza, cabezo, cemba, cima, cimeira, cimo, coroa, cotarelo, cume, cumio, curota, curuto, petouto, pico, picoto, picouto.
  2. s f

    Parte máis elevada de algo, especialmente cando tende a rematar en punta.

    Ex: Subiu á cúspide da torre polas escaleiras de incendios.

    Sinónimos: bicarelo, bico, cabeza, cima, cimeira, petouto, pico, picoto, picouto.
  3. s f [MAT]

    Punto onde concorren todas as arestas laterais dunha pirámide ou todas as xeratrices dun cono.

  4. s f [ANAT]

    Cada unha das láminas que constitúen unha válvula cardíaca.

  5. s f [ANAT]

    Protuberancia lisa da cara superior das moas que aumenta a eficiencia da moenda durante a mastigación.

  6. s f [BOT]

    Protuberancia cónica, en certas hepáticas, que se forma arredor do anteridio, co que comunica polo poro apical.

  7. s f

    Situación de máxima intensidade ou momento de maior importancia dalgunha cousa.

    Ex: Acadaron a cúspide da fama despois do seu terceiro traballo discográfico.

Palabras veciñas

cuspe | cuspe | cuspia | cúspide | cuspideira | cuspidela | cuspido -da