cotarelo
cotarelo
(< 1 coto)
-
s
m
Elevación pouco pronunciada nun terreo situada, polo xeral, nunha chaira.
Ex: Cando eramos nenos tirabámonos rolando desde o alto do cotarelo.
Sinónimos: cerro, cuíña, lomba, outeiro. -
s
m
Parte máis elevada dun monte.
Ex: Só vimos neve nos cotarelos dos montes altos do interior.
Sinónimos: cabeza, cabezo, cemba, cima, cimeira, cimo, coroa, cume, cumio, curota, curuto, cúspide, petouto, pico, picoto, picouto.