Cotarelo
Cotarelo
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. Trátase dunha forma diminutiva da voz común coto. Documéntase no século XVIII: “Francisco Rodríguez do Cotarel” (doc ano 1753 en Tuy 1753 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 113).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe asturiana que leva como armas un escudo cortado: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de ouro, ben ordenadas; segunda partición, en campo de goles, cunha cota de malla de prata; bordo de ouro, con oito aspas de goles.