custodia

custodia

(< lat custodĭa)

  1. s f

    Acción e efecto de custodiar.

    Ex: Déronlle a custodia do neno ó pai.

  2. s f [ARTE/RELIX]

    Peza de ourivería onde está exposto o Santísimo Sacramento á veneración pública. Apareceu no s XII coa instauración da festa do Corpus Christi, para poder presentarlle ao pobo de xeito ostensible a Sagrada Forma no ostensorio. Construída en ouro, prata e metais preciosos en forma dun pequeno templo, de sol, de torre ou dun sepulcro. As máis numerosas teñen forma de pequenos templos ou teñen varios pisos. Entre as pezas conservadas en Galicia destacan a de Antonio de Arfe, en forma de torre, e a de Figueroa e Vega, as dúas na catedral de Santiago de Compostela.

  3. s f [RELIX]

    Agregado dalgúns conventos que non chega a formar provincia en certas ordes mendicantes, como a de san Francisco.

Palabras veciñas

custear | Custer, George Armstrong | custo | custodia | custodiar | custodio -dia | custoso -sa