Cutián, San Xoán de
Cutián, San Xoán de
Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Consta dunha nave e dunha ábsida con teito de madeira. No interior destacan tres retablos: o maior, de estilo neoclásico (1886), contén un brasón que identifica os Amarante; o segundo (1772) procede da antiga capela de Fonfría; e o terceiro, tamén neoclásico (1890), ten á súa beira unha mesa de altar sostida por capiteis románicos procedentes da antiga igrexa de Facha.