Cutileiro, João

Cutileiro, João

Escultor. Formado na Slade School de Londres, entrou en contacto con artistas, como Rey Butler, e cos conceptos da plástica europea. En 1985 instalouse en Évora, onde desenvolveu un traballo no que destaca o tratamento de materiais, como a pedra ou a madeira, o diálogo entre espazo e volume, e o predominio dos corpos femininos. Entre as súas obras destacan os monumentos públicos do Rei Dom Sebastião (Lagos, 1973) e Camões (Cascais, 1983), contemplados como un intento de desmitificar a estatuaria oficial do Portugal salazarista, así como a súa serie dos Guerreiros. Participou na Bienal de São Paulo (1979-1980) e en ARCO 1986.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lisboa