cutina
cutina
(
s
f
[BOT]
Substancia cérea impermeabilizante que, disposta sobre a epiderme, forma a cutícula e serve para o control hídrico da planta e como defensa ante os patóxenos. Está ausente dos pétalos, das partes somerxidas das plantas acuáticas e tamén das raíces, que realizan unha función absorbente. A cutina pode presentar unha microornamentación que chega a ter interese para a distinción taxonómica das especies.