Cuvilliés, François de
Cuvilliés, François de
Arquitecto e decorador francés. Traballou ao servizo do elector Maximiliano Manuel II de Baviera e foi discípulo de J. F. Blondel (1720-1724). En 1725 nomeárono arquitecto da Corte de Múnic. Adaptou o rococó ao gusto alemán e fíxoo máis exuberante, para o que fundiu arquitectura e decoración. Entre as súas obras destacan o pavillón de Amalienburg no parque Nymphenburg (1734-1739), en colaboración co estucador Johann-Baptist Zimmermann, e o Residenztheater (1751-1753). En 1738 publicou numerosos gravados dos seus deseños que popularizaron o estilo Luís XV en Alemaña.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Soignies, Hainaut -
Deceso
Lugar : Múnic