Cuyp
Cuyp
Familia de pintores holandeses. Jacob Gerritsz Cuyp (1594?-1652), discípulo de Bloemaert, cultivou o retrato (A familia do pintor) e a paisaxe. O seu irmán Benjamin Gerritsz Cuyp (Dordrecht 1612 - 1652) destacou no retrato e nas composicións relixiosas, como en Adoración dos magos. O fillo de Jacob, Albert Cuyp (Dordrecht 1620 - 1691), formouse con el e con Van Goyen, e recibiu influencias dos paisaxistas holandeses e dos italianistas de Utrecht. Entre as súas obras destaca Saída dun novo xinete.