Cymbalaria
Cymbalaria
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das escrofulariáceas, de ata 60 cm de lonxitude e follas glabras, de nervación palmiforme, alternas e pecioladas, semellantes ás follas das hedras, feito que dá orixe á denominación de hedriña das paredes. As flores son de cor violeta e presentan unha prolongación tubular e a gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada de cor branca cunha gran mancha amarela, que dan lugar a froitos en cápsula. Aparecen en paredes vellas e húmidas e nas fendas das rochas. En Galicia está presente a especie C. muralis.