Czyźewski, Tytus

Czyźewski, Tytus

Escritor e pintor polaco. Influenciado por Apollinaire, polos futuristas e pola poesía popular, destacou como introdutor e difusor das vangardas europeas en Polonia onde fundou os Salóns Independentes e realizou as primeiras exposicións de arte moderna. As súas primeiras obras están influenciadas por Cezánne, pero a partir de 1915 introduciu nos seus cadros o primitivismo da arte folclórica e o cubismo. Reflectiu na súa obra a súa viaxe de 1929 por España: Hiszpania. Dirixiu a revista Formisci (1919-1921) e publicou, entre outras obras, Zielone oko (O ollo verde, 1920), Pastoralki (Cánticos pastorais, 1925) e Robespierre (1927).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Berdy&#

  • Deceso

    Lugar : Cracovia