Dacal
Dacal
-
[ONOM]
ariante do apelido de orixe toponímica Cal, coa preposición indicativa de procedencia ou lugar de residencia. O topónimo Cal pode remitir á existencia dun canal para conducir a auga (entón viría do latín canale ‘canal’). Documéntase no s XV: “Alfonso da Caal” (doc ano 1494 en Emilio Duro Peña, Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 356).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, unha garza de ouro, cunha espada na súa gadoupa destra.