Dacca

Dacca
Nome científico: [bengalí: Dākhā]

Capital de Bangladesh e da división administrativa homónima, na marxe esquerda do río Jamuna (3.839.000 h [1991]). No s XVII converteuse nun gran centro artesanal e no s XVIII acadou o máximo esplendor ao facerse famosa polos bordados en ouro, sedas e muselinas. No s XIX, sen embargo, a fabricación destes produtos non puido competir coa crecente produción industrial. Co tempo estableceuse unha industria téxtil, química e alimentaria a grande escala. É o centro comercial máis importante do interior, sobre todo polo xute. Ademais, na agricultura destacan os cultivos de té. Foi capital da Bengala Oriental entre 1610 e 1704, e a partir de 1947 capital de Paquistán Oriental. Do seu patrimonio cultural destacan o templo Dakeshwari, o palacio Bara Katra (1644) e as numerosas mesquitas.