dación
dación
(< lat datĭōne)
-
s
f
[DER]
Acción e efecto de dar unha cousa a alguén.
Confrontacións: cesión, doazón. -
dación en pagamento
[DER]
Acto de cumprimento dunha obriga mediante a realización dunha prestación distinta á debida, sen empregar o diñeiro, e efectuada de mutuo acordo entre o acredor e o debedor. Diferénciase da cesión de bens na transmisión da propiedade da cousa, ademais do dereito de posesión e administración da mesma. Ten o pleno efecto de supor a extinción da obriga. Non é necesario que o valor do dado sexa equivalente ao debido e abonda coa aceptación da prestación substitutoria. Os organismos recadadores poden aceptar as dacións como método substitutorio do ingreso de tributos.