cesión

cesión

(< lat cessiōne)

  1. s f

    Acción de ceder algunha cousa a outra persoa ou de permitir que esa persoa pase a dispoñer dela.

    Ex: A cesión do balón permitiu que o dianteiro marcara un gol. O notario non consentiu a cesión da casa, pero si a dos campos.

  2. [DER]
    1. s m

      Transmisión que unha persoa (cedente) fai dun dereito, dunha obriga ou dun ben en favor doutra (cesionario).

      Ex: A cesión dos dereitos de autor do libro non se levou a cabo.

    2. cesión de bens

      Acto polo que o debedor fai entrega de todos os seus bens aos acredores para que estes apliquen o seu importe a fin de satisfacer os seus créditos. A cesión de bens pode ser xudicial ou extraxudicial.

    3. cesión de créditos litixiosos

      Cesión que recae sobre créditos que son obxecto de preito e que o debedor pode extinguir reembolsándolle ao cesionario o prezo que non pagara.

    4. cesión de unidades de obra

      Modalidade de execución dun contrato de obra que lle permite ao seu titular ceder a un terceiro a realización dunha ou de máis unidades que integran unha obra principal, sempre que non teña o carácter de subcontratación de elementos parciais daquela.

    5. cesión de vivenda

      Cesión que un arrendatario pode facer, excepcionalmente, en favor do seu cónxuxe, dos ascendentes ou dos descendentes que conviviran con el malia a prohibición xeral de cesión dos dereitos de arrendamento.

    6. cesión territorial

      Renuncia dos dereitos de soberanía sobre un territorio dun estado en favor doutro. Pode levarse a cabo de forma voluntaria ou forzosa, como resultado dunha guerra, e a nova situación queda regulada por medio dun tratado. Actualmente se considera necesario para a validez da cesión o consentimento dos habitantes do territorio cedido, de acordo co principio de autodeterminación dos pobos.

    7. cesión urbanística

      Cesión obrigatoria de terreos que, de acordo coa lexislación de urbanismo, ten que realizar o propietario de solo urbano e urbanizable.