CESID
CESID
Nome científico:
[Centro Superior de Información de la Defensa]
Órgano de información do ministerio de Defensa español creado en 1977. Depende funcionalmente do presidente do Goberno e, a efectos orgánicos e administrativos, do ministro de Defensa. En 1995, a substracción de información clasificada deu lugar a numerosas denuncias e críticas contra o servizo do centro.