CESGA
CESGA
Nome científico:
[Consello Económico-social Sindical de Galicia]
Organismo constituído no ano 1963 co nome de CESNO (Consejo Económico-Sindical del Noroeste) como instrumento para o estudo da problemática socioeconómica de Galicia e para adecuar criterios arredor destes temas. Formado por diversas autoridades civís, xunto con funcionarios sindicais, que representaban os órganos de goberno, carecía de facultades executivas e de capacidade financeira para acometer proxectos. Estaba composto dun pleno, unha comisión permanente e unha comisión executiva.