Daddi, Bernardo
Daddi, Bernardo
Pintor. Activo en Florencia entre 1312 e 1348. Influído por Giotto, asimilou a riqueza colorista e a precisión de liñas da pintura de Maso di Banco. Entre as súas obras destacan os frescos con escenas da vida de san Lourenzo e santo Estevo na capela Pulci da igrexa da Santa Croce (1330) e o Tríptico de Ognissanti (1328).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Florencia