Dadié, Bernard
Poeta, novelista e dramaturgo marfilés. Estudiou maxisterio en Senegal e comezou a súa andaina como autor dramático coa obra titulada Assémien Déhylé, Roi du Sanwi (Assémien Déhylé, rei dos Sanwi), que foi presentada en París en 1937. Despois dunha longa estadía na capital francesa, traballando no Institut Français de l’Afrique Noire, volveu a Costa do Marfil, onde desenvolveu un intenso labor no terreo da promoción e do desenvolvemento cultural. A partir de 1950 volveu escribir pezas dramáticas para contribuír á promoción do teatro no seu país, e publicou un conxunto de textos que destacan pola visión crítica do colonialismo, do proceso de descolonización e do despotismo dalgúns réximes africanos. Entre elas, hai que destacar Monsieur Thôgô-gnimi (O señorito oportunista, 1970), Béatrice du Congo (1970), Îles de tempête (Illas de tormenta, 1973) ou Papa Sidi, maître escroc (Pai Sidi, mestre estafador, 1975).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Assinié Mafia