Dafoe, William
Actor cinematográfico norteamericano. Estudiou arte dramática e actuou en varias localidades coa compañía X Theatre of Milwaukee antes de chegar a Broadway. Alí entrou no Wooster Group Theatre e comezou a facer pequenos papeis secundarios nalgunhas producións cinematográficas. Deuse a coñecer co seu papel en Streets of Fire (Rúas de lume, 1984). Participou, entre outros, nos filmes: Platoon (1986), The Last Temptation of Christ (A derradeira tentación de Cristo, 1988), Mississippi Burning (Arde Mississippi, 1988), Born on the 4th of July (Nacido o 4 de xullo, 1989), Body of Evidence (O corpo do delito, 1993), Clear and Present Danger (Perigo inminente, 1994), The English Patient (O paciente inglés, 1996), New Rose Hotel (1998) e American Psycho (2000).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Appleton, Wisconsin