Dafydd ap Gwilym

Dafydd ap Gwilym

Bardo galés. Pertencente a unha familia cunha longa tradición de servizo á coroa inglesa, converteuse no “gran amante” da poesía tradicional galesa debido á cantidade de poemas de amor que escribiu. Con 150 composicións conservadas, na súa lírica conflúen a complexidade técnica e a riqueza léxica elaborada polos “bardos da nobreza” e a tradición dos bardos populares; inda que foi tamén un innovador da forma e o contido. A súa obra -marcada polo humor, a fantasía, a paixón e a fonda emoción- inclúe elexías, sátiras, panexíricos, poemas metafísicos e de inspiración relixiosa, e descricións da beleza e da natureza, xunto a divertidos e picantes relatos de aventuras e desventuras amorosas. Influenciado pola fin’amors provenzal, tamén é autor de composicións nas que o tema principal é a procura do amor.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Llanbadarn Fawr, Aberystwyth

  • Deceso

    Lugar : Strata Florida, Dyfed