D’agilev, Sergej Pavlovič

D’agilev, Sergej Pavlovič
Nome científico: [Serge Pavlovich Diaghilev]

Crítico de arte, director de compañía e empresario teatral ruso. Iniciou a súa carreira en San Petersburgo, onde frecuentaba os locais nos que se reunían artistas plásticos, creadores literarios, actores, bailaríns e músicos, sendo un dos fundadores da revista Mir Iskusstva (O mundo da arte, 1898-1904), ao tempo que comezou a organización de exposicións en San Petersburgo e París ou a distribución de espectáculos. Foi así como concibiu a idea de crear unha compañía estable de ballet, os Ballets Rusos, que propiciaron unha fonda renovación nas artes escénicas. D’agilev non era nin bailarín, nin músico, nin coreógrafo, nin pintor, nin persoa vinculada ao mundo teatral, mais foi quen de agrupar arredor do seu proxecto músicos, pintores, coreógrafos, bailaríns, actores, directores ou mecenas, como Coco Chanel, que converteron a súa compañía nun referente fundamental na historia contemporánea das artes escénicas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Grušino, Novgorod

  • Deceso

    Lugar : Venecia