Daguerre, Louis-Jacques Mandé
Inventor, fotógrafo e pintor. Estudiou arquitectura e traballou como decorador en montaxes de óperas. En 1882, xunto con Bouton, inaugurou en París o diorama, un amplo decorado de varios planos e cun xogo de luces que lle ofrecía ao espectador unha sensación de perspectiva. Entre 1829 e 1833 traballou con Joseph Nicéphore Nièpce no perfeccionamento do proceso heliográfico para fixar as imaxes. En 1835 descubriu o revelado da imaxe mediante a exposición da placa aos vapores de mercurio, cunha redución do tempo de exposición. En 1837, despois de somerxer a proba nunha solución de cloruro de sodio, desenvolveu un método para fixar a imaxe. Trala morte de Nièpce, en 1839 foi presentado o invento diante da Academia das Ciencias de Francia por parte do físico François Arago. Nese mesmo ano, cedeulle o seu método, bautizado co nome de daguerrotipia, ao Estado francés e publicou un manual.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Bry -
Deceso
Lugar : France -
Deceso
Lugar : France