Dahrendorf, Ralf Gustav

Dahrendorf, Ralf Gustav

Filósofo, sociólogo e político alemán. Doutorouse en Filosofía e especializouse en socioloxía. Profesor en diversas universidades de Europa e América, foi membro do Center for Advanced Study in Behavioral Sciences en Palo Alto, California (1957-1958). Vinculado politicamente ao Freie Demokratische Partei, foi elixido deputado liberal no Bundestag (1968) e ministro de Asuntos Exteriores no primeiro goberno de Willy Brandt (1969-1979). Dende 1970 foi membro da Comisión da Comunidade Europea responsable do Comercio Exterior ata 1974, data na que cando ocupou a Comisaría para a Educación, Investigación e Economía. Entre 1974 e 1984, dirixiu a London School of Economics, en substitución de Karl Popper. Entre 1987 e 1997 foi warden (‘gardián’) do St. Antony’s College de Oxford. O seu pensamento, influído por K. Marx e M. Weber, evolucionou cara ao neoliberalismo, no que integrou o pensamento clásico liberal pero cunha maior reflexión no social. Declarouse partidario de Blair, considerado o modelo de político posmoderno, flexible e desideoloxizado. Realizou numerosos estudios, entre os que destacan Marx in Perspective (Marx en perspectiva, 1953), Soziale Klassen und Klassekonflikt (Clases sociais e conflitos de clase, 1959) e The Modern Social Conflit (O moderno conflito social, 1990). En outubro de 1998 recibiu o Premio Joaquín Garrigues Walker.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hamburgo