Daimiel
Daimiel
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, drenado polos ríos Guadiana e o seu afluente, o Azuer (16.929 h [1996]). É un importante centro agrícola con cultivos de viña, oliveiras, cereais e hortalizas, así como un núcleo industrial, no que destaca a produción téxtil, a construción e os produtos alimenticios. No comercio cómpre salientar as exportacións de viño e alcois. No seu termo encádrase o Parque Nacional de Las Tablas de Daimiel.