Daladier, Édouard

Daladier, Édouard

Político francés. Deputado radical-socialista (1919-1940 e 1946-1958), foi ministro das Colonias (1924), Obras Públicas (1930-1931) e Guerra (1932). Presidiu en tres ocasións o consello de ministros (1933, 1934 e 1938-1940). En 1939 declaroulle a guerra ao III Reich. Ocupou o ministerio da Guerra en marzo de 1940 e o de Asuntos Exteriores en maio de 1940; foi detido polo goberno colaboracionista de Vichy en xuño de 1940 e permaneceu deportado en Alemaña entre 1943 e 1945. Foi presidente do Partido Radical entre 1957 e 1958.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Carpentras, Provenza

  • Deceso

    Lugar : París