D’Amico, Silvio
D’Amico, Silvio
Escritor e crítico teatral. Destacou polos seus traballos en diversos medios de comunicación e pola influencia que tiveron no desenvolvemento do teatro italiano. Foi o fundador da Accademia d’Arte Drammatica de Roma e publicou diversos estudios como Tramonto del grande attore (O crepúsculo do actor, 1929), Storia del teatro dramático (Historia da literatura dramática, 1939-1940), Invito a teatro (En defensa do teatro, 1935) ou Mettere in scena (A dirección de escena, 1954). Tamén destacou polas súas investigacións no campo da historia do teatro, entre as que cómpre salientar o proxecto Enciclopedia dello Spettacolo (Enciclopedia do espectáculo), que dirixiu ata a súa morte e que se publicou en dez volumes entre 1954 e 1962.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma -
Deceso