Damocles

Damocles

Cortesán do tirano de Sicilia Dionisio o Vello. Dionisio, farto das loanzas de Damocles ao seu poder e á súa felicidade, cedeulle o seu posto durante un día; sen embargo, para amosarlle a precariedade do poder, pendurou enriba da súa cabeza unha pesada espada sostida por unha feble crina de cabalo. A expresión “espada de Damocles” simboliza a existencia dun perigo constante.