Danone SA
Danone SA
Empresa alimentaria española. As súas orixes remóntanse ao taller artesanal de Isidro Carrasco, que no 1919 iniciou a produción de iogures. En 1923 construíu a primeira fábrica en Barcelona e no 1927 en Madrid. A finais dos anos cincuenta uniuse coa sociedade francesa de Charles Gervais, creador do petit suisse, e especializada en queixo fresco, coa que se fusionou completamente en 1967. En 1973 produciuse unha nova fusión entre Gervais Danone e o grupo BSN (Boussois-Souchon-Neuvesel), que se expandiu por toda Europa, por Asia e América. En 1994 o grupo empresarial adoptou o nome de Danone, marca da súa fábrica principal, e centrouse en tres sectores de mercado: produtos lácteos, galletas e bebidas.