Danthea Teatro
Danthea Teatro
[ESPECT]
Compañía fundada na Coruña en 1983 por Carlos Clemente Martínez Gallego como Escola de Expresión Rítmica e Dramática. Algúns dos seus primeiros espectáculos foron A máis forte (1985), de Strindberg, e Sobre o tabaco (1985), de Čekhov. No ano 1989 representaron a súa primeira peza de monicreques, Peluquillas Mangariñas II, de Marcelino de Santiago, Kukas, e a partir dese momento realizaron tamén diversas adaptacións de contos, como A Casiña de Chocolate e O pequeno Frankenstein.