dantismo

dantismo

(

s m [LIT]

Corrente literaria cultivada en España durante o s XV que se caracteriza pola imitación dos temas e das técnicas empregadas por Dante Alighieri e, en especial, da súa Divina Commedia. A tendencia perviviu ata o Renacemento, momento no que foi desprazada polo influxo predominante de Petrarca. Percíbese en certos poemas do Cancionero de Baena, como o “Dezyr a las siete virtudes”, de Micer Francisco Imperial, considerado o seu iniciador en España; en “Proceso entre dolencia, vejez, destierro y pobreza”, de Ruy Páez de Ribera; en Infierno de los enamorados e na Comedieta de Ponça, do Marqués de Santillana; e no Laberinto de Fortuna, de Juan de Mena.