Dapedium

Dapedium
[PALEONT]

Xénero de peixes de ata 35 cm de lonxitude, de corpo arredondado, aletas dorsal e caudal anchas e dispostas en posición posterior, e mandíbulas curtas con dentes afiados. Habitou os arrecifes coralinos dende finais do Triásico ata principios do Xurásico. Os xacementos máis importantes están na India e Inglaterra.