Dapena
Dapena
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica pena e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XI: “Marina Ares da Pena” (doc ano 1068 en Miguel Romaní Martínez, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, 1990-1993, p 1099). Tamén se grafa Da Pena.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, unha cadea rota, nunha parte, e na outra un home cunha cadea ao pescozo.