Darío/Daría

Darío/Daría
[ONOM]

Antropónimo de orixe persa Dârayava(h)ush, adaptado polo grego en Δαρε ῐ ος e polo latín en Darius. Componse da forma verbal dâraya ‘ter, manter’ e de vahu ‘ben’. Foi un nome habitual entre reis persas, como o Emperador Darío I o Grande (550 a C - 486 a C), Darío II Ocos (? - 404 a C) ou Darío III Codomano (380 a C? - 331 a C). No mundo cristián houbo dous mártires con este nome: un morto en Nicea e o outro en Roma. Na iconografía, san Darío leva unha longa barba hirsuta e ricas túnicas ou roupas guerreiras. A festividade de san Darío celébrase o 19 de decembro e o de santa Daría, o 25 de outubro.